martes, 10 de enero de 2012

revolta irmandiña nº 2 - 3 EDITORIAL [12-2011-1-2012]

* Sae hoxe, 10 de xaneiro, a revista correspondente aos números 2 (decembro de 2011) e 3 (xaneiro de 2012) da Revolta Irmandiña, voceiro do Grupo de Traballo de Mocidade do Encontro Irmandiño. 
Podedes descargala directamente aquí ou ir lendo as seccións nos enlaces deste editorial.

Comezamos 2012 coa vista posta na XIII Asemblea Nacional do BNG, que para o Encontro debe ser un punto de inflexión, unha asemblea de refundación que permita sentar as bases dun BNG útil para a maioría social do pobo galego, como comentan Martiño Noriega ou Mario López Rico.

“O desgaste e desvirtuación que tivo ao longo destes anos fan necesaria unha refundación que poña á nosa organización en condicións de afrontar os novos retos e de asumir ser ese novo referente político que represente á inmensa maioría da sociedade galega que o precisa con urxencia.

Son moitos os retos para este ano - a caída do estado do benestar, o afondamento da fenda entre ricos e pobres, a crise alimentaria global, etc - que fan máis urxente a rexeneración do BNG para facelo un instrumento político útil para ese 99% da sociedade que estamos a padecer as consecuencias peores dunha crise que non provocamos nós. E, para iso, como di o Beiras, “ou facemos profesión da ética, da solidariedade, da fraternidade e da igualdade, profesión e práctica dos principios republicanos en clave da nosa nación ou seremos falsos, mintiráns, e non seremos bos e xenerosos e estaremos, mal que ben, traicionando aos nosos ancestros”. Precisamente, como non poidemos facer a entrevista prevista a Xosé Manuel Beiras para unha semana antes da súa homenaxe en Compostela, trascribimos neste número de decembro de 2011 e xaneiro de 2012 o seu discurso en dito acto, onde afirmou cousas coma a que vimos de citar [páx. 31].

Como cadra que este número da revista se rematou o 7 de xaneiro, no 62º aniversario do aniversario da morte de Castelao, ofrecemos na sección “Coñecermos os clásicos” algúns fragmentos do noso clásico, o Sempre en Galiza [páx. 26].

Neste tempo en que se evidencia a fin do ciclo político da “Transicíon Española”, cociñada dende arriba e frustrando unha verdadeira ruptura democrática co réxime anterior, reflexionamos sobre o papel da CIA en dito proceso [páx. 18], a verdadeira face da Monarquía [páx. 19], a crimizalización do independentismo [páx. 14] ou o desdén do estreado goberno do PP polas conquistas sociais, coma o dereito á baixa por maternidade [páx. 17], todo isto na sección “Opinión: do Estado”, ao que engadimos un interesantísimo artigo de Juan Torres López: “Apenas a esquerda ou mellor todos os de abaixo” [páx. 15].


En “Opinión: do mundo”, tres artigos sobre os Estados Unidos de Amércia para comprender as orixes da crise [Vicenç Navarro - páx. 24] e o derrube político e moral do centro do sistema, co artigo de Gregorio Morán sobre o soldado Manning [páx. 21], encarcelado por divulgar as suxas mañas dos EUA en Irak.

Neste número, a sección Coñecermos Galiza versa sonbre o mundo ribeirao de Parada de Sil e a Folla de poesía revolucionaria fornécese de tres novos poemas de Antom Fente e Jorge Pérez Arias.

O asemblearismo como principio político-ideolóxico irrenunciábel

Facemos do asemblearismo o tema central deste número de decembro de 2011, pois a XIII Asemblea Nacional do BNG é “a derradeira oportunidade para un BNG útil” para quen defendemos este modelo organizativo non só como instrumento para a convivencia dentro da organización, senón como principio ideolóxico-político básico, considerando á persoa militante como cidadá “libre para poder exercer os seus dereitos e asumir as súas obrigacións en primeira persoa” e porque, nunha nación sen estado, “o BNG era un aparato de Estado indispensábel para esta sociedade (cidadanía), pois non contaba con outra forma de representación soberana”, como explica Raúl Asegurado no seu artigo [páx. 9].
Na mesma liña vai o artigo de X. Manuel Beiras repescado este mes “As chaves mestras do proxecto común”, que se pode ler na páxina 7.

Sigue na web do Encontro Irmandiño as “crónicas preasembleares”

Neste momento previo á NOSA (a de toda a militancia, a de toda a cidadanía) asemblea de refundación é precisa a transparencia fronte ás trabas que o aparato do BNG está a poñer para que esta asemblea sexa participativa e de verdadeiro debate: criterios dispares sobre actualización de cotas, necesidade de anotarse cun escrito asinado para participar na asemblea, pretensión de cambiar o regulamento para que unha asemblea inicialmente prevista só con debate en pleno teña agora comisións...

Tamén neste número (2-3): 

- O coñecemento contra a crise - Bieito Barreira

- Asemblearismo Sempre Máis - Paula V. Verao

- New Brave Galiza - Antom Fente Parada

- O BNG, Tolkien e a Terra Media, xogo de comparanzas - Paco Gallego

- O falido golpe de Wall Street en 1934 - Michael Donnelly

- Reserva camisola do Encontro Irmandiño

- 15-M O pobo indignado, reseña de Antom Fente Parada

Colabora no noso voceiro

Podes formar parte deste proxecto participando no Consello Editorial, enviando os teus artigos para publicar ou ben Cartas ao Consello Editorial, todo no enderezo electrónico mocidade@encontroirmandinho.org

* As fotos deste número son de Manoel Santos [páx. 8], Paula Vázquez Verao [sección Coñecer Galiza], do arquivo Creative Commons da Rede e da web do BNG [páx. 6 e 13].

Para entender a crise: así comezou todo nos EUA


Vicenç Navarro

As causas profundas da crise económica actual son: en primeiro lugar, a enorme polarización das rendas que se foi producindo en Estados Unidos a partir dos anos 1960 e que alcanzou a súa máxima expresión nestes primeiros anos do século XXI. En segundo lugar, tamén en Estados Unidos: a desregulación da banca mediante a anulación, a mediados dos  anos 1980, da lei Glass-Steagall Act que se estableceu precisamente despois da gran crise de 1929 e durante a Gran Depresión para diminuír    o excesivo poder da Banca e protexer os aforros da poboación. É mester analizar estas causas para prever consecuencias e solucións.

En 2005, en Estados Unidos, o 1% da poboación tiña o 28% de toda a renda do país, unha concentración da renda (24%) semellante á que existía a mediados dos anos 1920, antes de que explotase a Gran Depresión do século XX. A partir de entón, as medidas tomadas pola Administración Roosevelt antes e durante a II Guerra Mundial, tiveron un impacto redistributivo moi importante, de maneira que, cando a guerra terminou, tal concentración descendeu. A renda dos ricos (o 1% da poboación) baixou ao 12%, descenso que continuou até finais dos anos 1970.

Durante este período, a clase traballadora era forte e había imposto ao mundo empresarial a necesidade de pactar non só o nivel salarial senón tamén as condicións de traballo e, a través da súa influencia política, a expansión do estado do benestar e a distribución da renda nacional, aplicando políticas redistributivas que diminuíron as desigualdades.

Así, desde 1949 a 1979, o incremento das rendas (facilitado polo aumento da produtividade) distribuíuse a todos os sectores da poboación de maneira que o incremento da renda por cada decila da poboación foi bastante semellante, coas decilas inferiores crecendo algo máis (116%) que as decilas superiores (99%)*. As políticas económicas eran intervencionistas cun carácter keynesiano claro. Incluso o presidente republicano Richard Nixon definiuse como keynesiano.

A clase traballadora atinxira grande poder. E como sempre ocorre, seguiu incrementando o nivel das súas demandas. Cando a clase traballadora non ten traballo (ao ter un desemprego alto) quere ter traballo. Cando o ten, quere ter bos salarios e unhas boas condicións de traballo, e cando alcanza isto último, quere ter unha voz na decisión de como realizar o traballo e como xestionar a empresa.

Durante o período 1945-1979, o nivel de demandas e conquistas laborais  aumentara a medida que a clase traballadora ía conseguindo as súas peticións, resultado do seu maior poder. En realidade nos anos 1960 e principios dos anos 1970, houbo grande número de mobilizacións obreiras (que se estenderon a todo o mundo occidental: o Maio 68 francés, o Outono Quente en
Italia, etc.) que atemorizaron á clase empresarial. Complicando as cousas para o mundo empresarial, estaba a guerra de Vietnam, que ao incrementar enormemente o gasto público estadounidense sen incrementar os impostos para financiala (o Goberno federal era consciente da enorme impopularidade daquela guerra, feita, como sempre, polos fillos da clase traballadora) non se atreveu a subir os impostos para financiala contribuíndo a crear unha grande inflación.

A clase empresarial estaba á defensiva; era consciente de que estaba a perder poder e, como sempre ocorre, respondeu. A primeira resposta tivo lugar durante a Administración Carter (1977-1981), cando o gobernador de Banco Central Estadounidense (The Federal Reserve Board), Paul Volcker, creou unha recesión a fin de aumentar o desemprego e debilitar así á clase traballadora. Díxoo claramente, ao afirmar que había que diminuír os custos laborais para reducir a inflación. A maneira de aumentar o desemprego foi aumentando os intereses bancarios de forma moi acentuada, o cal determinou unha diminución moi forte do crecemento económico.

Jimmy Carter foi sucedido por Ronald Reagan (quen mantivo a Paul Volcker como Gobernador da Reserva Federal), e desenvolveu con maior intensidade as políticas económicas liberais que incluían unha visión do Estado na que este debía favorecer explicitamente ás rendas superiores (e ao mundo empresarial). Esta prioridade ás rendas do capital se justificaba co argumento de que  estas clases podentes eran as que aforraban máis, co cal se facilitaba así a creación de capital e investimento. Era o famoso trickle down que afirmaba que a riqueza creada favorecendo aos ricos terminaría favorecendo a todos os demais. Subliñouse tamén que a redución de impostos ao incrementar a capacidade adquisitiva da poboación, aumentaba a demanda e estimulaba o crecemento económico.

Este suposto era coñecido como a teoría supply side. E posto que os ricos son os que pagan máis impostos, os primeiros beneficiarios de tales políticas foron os ricos. Tales políticas foron moi exitosas. As rendas superiores aumentaron, no período 1979-2005, dunha maneira moi acentuada. O 20% de renda superior incrementou o 53% a súa renda (para o 5% superior, o incremento foi dun 81%), mentres que as rendas medias e baixas diminuíron ou creceron moi lentamente (o 20% de renda inferior viu diminuír as súas rendas un 1%, e o seguinte 20% viunas subir só un 9%). Noutras palabras, a clase traballadora que representa o 48% da poboación viu diminuír as súas rendas ou as viu crecer de maneira moi lenta. A clase media incrementou as súas rendas un 15%.

As desigualdades sociais creceron, por tanto, dunha maneira moi marcada durante o período liberal. As rendas superiores -burguesía, pequena burguesía e clase media de renda alta- viron os seus ingresos crecer dunha maneira moi notábel á conta das rendas medias e inferiores, que eran as da clase media baixa e da clase traballadora [e coparon a dirixencia dos partidos "socialdemócratas" para convertelos ao socio-liberalismo: a Terceira Vía de Blair; nota do blogger].

O feito de que o crecemento das primeiras se fixese á conta das segundas débese a que a riqueza que se creou como consecuencia do crecemento da produtividade (e que se distribuíu máis ou menos en termos igualitarios no período 1945-1979), distribuíuse en termos moi desiguais. A causa, primordialmente, do cambio das relacións de poder de clase durante aquel período. Durante a época ultraliberal (1981-2008), o mundo empresarial rompeu co Pacto Social, e
recuperou o seu enorme poder político (cos Presidentes Reagan, Bush pai, Clinton e Bush fillo) desenvolvendo políticas públicas que beneficiaron enormemente ás rendas superiores. Este foi o obxectivo de tales políticas ultraliberais. O ultraliberalismo foi a ideoloxía de clase das rendas superiores **.

Este proceso de polarización social foi tendo lugar a partir de finais dos anos 1970, alcanzando a súa máxima expresión nestes últimos anos. A porcentaxe da renda nacional que tiña a clase traballadora e clase media de renda media e baixa (60% da poboación), pasou de ser o 35% en 2000 ao 29% en 2005. Por iso é polo que a poboación se vu forzada a pedir prestado aos bancos e a ter cartóns de crédito, co cal a débeda das clases populares foi crecendo na maneira en que a porcentaxe da súa renda foi diminuíndo.

Nos anos 1990, a débeda media dunha persoa representaba o 2% da renda dispoñible (despois do pago de impostos). En 2005, subira a un 25%. Pero onde o endebedamento foi maior foi no sector inmobiliario, en que para comprar a vivenda, a débeda dunha persoa pasou de representar o 90% da súa renda persoal (despois de pagar impostos) nos anos 1990, ao 140% en 2006, e iso como consecuencia do crecemento especulativo do prezo da vivenda.

O Goberno federal facilitou este endebedamento baixando os intereses, que pasaron dun 5,1% nos anos 1990 a só un 1,4% a partir de 2002. Esta medida respondeu o interese da Administración Clinton (1993-2001) e tamén da de Bush fillo (2001-2009), de estimular a economía que caera en recesión despois da ruptura, en marzo de 2000, da burbulla de Internet e os e.com. Creouse así unha nova burbulla, a burbulla inmobiliaria, que tamén explotou.

Porén, por que agora? Para responder a esta pregunta, temos que analizar que pasou co outro polo, é dicir, que pasou coas rendas dos ricos, ou sexa, as rendas do capital.

Poder económico é sinónimo de poder político. Por iso é polo que non é bo para a democracia dun país que haxa unha polarización das rendas con grandes desigualdades. Os ricos poden exercer un grande poder e influencia sobre os políticos, e iso ocorre naqueles sistemas electorais que están privatizados, é dicir, que o financiamento das campañas electorais faise primordialmente con fondos privados. Así, o custo das últimas eleccións presidencial e ao Congreso dos EUA alcanzou a enorme cifra de 5.300 millóns de dólares, procedentes na súa inmensa maioría de grandes grupos económicos e financeiros; e do 30% das clases de nivel de renda superior do país. Incluso o candidato que conseguiu mobilizar maior número de achegas pequenas (menos de 200 dólares), o candidato demócrata Barack Obama, estas pequenas achegas significaron só unha cuarta parte de todo o diñeiro que obtivo. A grande maioría, tres cuartas partes, procedeu de importantes doazóns de grandes empresas, da banca, das compañías de seguros, dos grupos e asociacións profesionais, e dunha longa lista de grupos de poder que lle financiaron para así ter acceso e influencia ao candidato cando Barack Obama gañou.

A enorme carestía destas campañas (para comprar tempo televisivo que se ofrece ao mellor ofertante sen ningún tipo de regulación ou límite, así como outros elementos e equipos moi custosos), discrimina aos candidatos de esquerda quen teñen dificultades para obter apoios económicos do mundo empresarial corporativo (o que se chama The Corporate Class en EE.UU.). A fin de conseguir tales fondos, os
congresistas - senadores ou representantes da Cámara baixa -, teñen que recoller preto de 20.000 dólares cada semana durante o tempo que están a representar á poboación e aos que lles financian. É unha carga enorme que diminúe a súa representatividade e distráelles das súas funcións ***.

Este sistema, que dá poder aos lobbies económicos e financeiros, comezou a funcionar precisamente nos anos 1970 como parte da resposta do mundo empresarial fronte ás conquistas do mundo traballador durante o período 1945-1979. A influencia política da clase empresarial (Corporate Class) adquiriu grande protagonismo a partir das administracións Reagan, Bush pai, Clinton e Bush fillo. A Corporate Class financiou ambos os partidos facendo sentir a súa influencia no desenvolvemento das políticas liberais.

Un elemento crave desta Corporate Class foi o mundo financeiro, e moi en particular a Banca (The Wall Street), moi influente sobre o Banco Central Estadounidense (The Federal Reserve Board). O Presidente Ronald Reagan nomeou, en 1987, a un dos axentes de Wall Street máis fundamentalistas entre os moitos ultraliberais existentes na comunidade bancaria, Allan Greenspan, Gobernador do Banco Central (Federal Reserve Board). Este, xunto con outro banqueiro, Robert Rubin, cando este era ministro de Facenda (Secretary of the Treasure) do Presidente Bill Clinton (o Presidente demócrata máis próximo a Wall Street que houbo, segundo o que foi o seu ministro de Traballo, Robert Reich) iniciou a desregulación da banca, anulando a lei Glass-Steagall Act, que se estabeleceu precisamente durante a Grande Depresión para diminuír o grande poder da Banca e protexer os aforros que a poboación tiña nos bancos.

Aquela lei separou a función de gardar diñeiro (función reservada aos bancos comerciais ou de depósito), da función de investimento, cos riscos que iso leva (bancos de investimentos), e da función de aseguramiento (compañías de seguros). Esta separación era fundamental para evitar que unha mesma entidade financeira fixese todas estas funcións, nese caso, o probábel perdedor sería o cidadán que coloca os seus aforros na banca, e que son utilizados polos banqueiros para especular con aquel diñeiro, cun aseguramiento nulo ou moi baixo, que é precisamente o que ocorrera antes e durante a Grande Depresión.

A anulación de tal lei Glass-Steagall Act significou a desregulación da banca. A partir de 1986, esta puido facer practicamente o que quixo. No momento de explosión inmobiliaria (xullo de 2007), os bancos ofrecían hipotecas en termos sorprendentemente fáciles que logo se converteron en tóxicos ao non poder pagarse, en parte debido ao enorme problema do endebedamento explicado na primeira parte deste artigo. Aí está a orixe da actual crise financeira.

* Léase Arthur McEwan, "The Current Economic Crise : Inequality Power and Ideology". Political Economy Research Institute, 5 de maio de 2009 (www.peri.umass.edu/nc/326/calendar/359/).

** Vicenç Navarro (ed.), Neoliberalism, Globalization and Inequalities. Baywood, Amityville, New York,  2008.

*** Léase Robert G. Kaiser, So Damn much Money. They Triumph of Lobbying and the corrosion of American Government. Alfred Knoff, Nova York, 2009.





O falido golpe de Wall Street en 1934

Michael Donnelly. Artigo tirado de SinPermiso (aqui) e traduzido por nós.


"Nas suas últimas semanas de existência oficial o comité recebeu provas que mostravam que se tinham produzido tentativas por parte de certas pessoas de estabelecer uma organização fascista neste país (...) Não há dúvida de que estas tentativas se discutiram, se planificaram e poderiam se ter executado quando e se os apoios financeiros o tivessem julgado oportuno". Relatório do Comité McCormack-Dickstein

Um patriota, não o traidor que queriam

 Sabem o da trama golpista que aprendem todos os jovens americanos na classe de História de décimo curso? Ah, sim... 

Em novembro de 1934, o célebre general dos marines Smedley Butler, duas vezes condecorado com a Medalha de Honra, prestou depoimento ante o Comité McCormack-Dickstein, precursor do Comité de Atividades Antinorteamericanas. Na sua declaração, Butler referiu-se a uma conspiração encabeçada por um grupo de opulentos homens de negócios (a Liga Norte-americana pela Liberdade - The American Liberty League) a fim de estabelecer uma ditadura fascista nos EUA, em que não faltariam campos de concentração para "judeus e demais indesejáveis"
.

Butler era abordado por Gerald P. MacGuire, da assinatura Grayson M-P Murphy & Co. de Wall Street. MacGuire afirmou que
reuniriam um exército de 500.000 veteranos da Primeira Guerra Mundial, desempregados na sua maioria, e marchariam sobre o Distrito de Columbia. Os plutócratas queriam que Butler dirigisse o golpe, pensando que, ao igual que os bolcheviques, ocupar uma cidade de importância (Washington, a modo de Petrogrado) provocaria a queda do governo. Prometeram contribuir três milhões de dólares para começar e ofereceram um tentador isca de 300 milhões. Butler seguiu adiante com o complô até que conseguiu conhecer a identidade de todos os intrigantes. Nem um só deles foi jamais convocado a testemunhar ou arguido de traição. E praticamente todos eles figuraram entre os fundadores do Conselho de Relacionamentos Exteriores (Council on Foreign Relations - CRE)
 
A Liga estava encabeçada pelos cárteles de DuPont e J.P. Morgan e tinha apoio importante de Andrew Mellon Associates, Pew (Sun Oil), Rockefeller Associates, E.F. Hutton Associates, Ou.Séc. Steel, General Motors (GM), Chase, Standard Oil e Goodyear Atires.

O dinheiro canalizou-no a Union Banking Corporation dirigida pelo senador Prescott Bush
[1] (sim, o desses Bush) e Brown Brothers Harriman (sim, esse Harriman) [2] a Liga (e a Hitler, mas essa é outra história). Os conspiradores jactavam-se das conexões de Bush com Hitler e mantinham inclusive que Alemanha lhe tinha prometido a Bush que proporcionaria material para o golpe. Esta afirmação resultava totalmente crível: em um ano antes, o presidente de Chevrolet, William Séc. Knudsen (o qual doava 10.000 dólares à Liga) viajou a Alemanha, onde se reuniu com os dirigentes nazistas, e declarou à sua volta que a Alemanha de Hitler era "o milagre do século XX". Naquele tempo, Adam-Opal Co., propriedade por inteiro de GM, já começava a produzir motores para os tanques, camiões e bombarderos dos nazistas. A James D. Mooney, vice-presidente de GM para operações exteriores somaram-se-lhe Henry Ford e Tom Watson, chefe de IBM, entre quem receberam a Grande Cruz da Águia Alemã de mãos de Hitler pelos seus consideráveis esforços em favor do Terceiro Reich.

O encubrimiento


Enquanto o Comité concluiu que o General Butler dizia a verdade, desacreditar a um homem assim de inquebrantável resultava problemático para os conspiradores. Rapidamente interveio a imprensa empresarial para tratar de semear dúvidas a respeito do herói de guerra, e precipitou-se a tachá-lo de ingénuo. A ideia de Knudsen para desacreditá-lo consistiu em declarar que "não foi mais que uma conversa de cocktail?. Esta manobra de distração se pregonó nos titulares da Associated Press como ?O golpe do cocktail".
O acalde de Nova York, Fiorello LaGuardia, [3] eliminou a conspiração como coisa de "alguém que lhe tivesse sugerido a ideia ao ex-marine em uma festa a modo de brincadeira".

Entre 1934 e 1936, a Liga acaparó trinta e cinco aparecimentos favoráveis na portada do New York Times. TIME ridiculizó a Butler em uma reportagem de portada de 3 de dezembro de 1934, embora a história de Butler ficasse corroborada pelo diretor da VFW, James E. Vão Zandt, que afirmou que lhe abordaram pára que dirigisse o golpe. No entanto, TIME pôs uma nota a pé de página em um artigo de princípios de 1935 que declarava: "Assim mesmo, na semana passada o Comité de Atividades Antiamericanas parlamentar propôs-se informar de que uma investigação de dois meses lhe tinha persuadido de que a história do geral Butler a respeito de uma marcha fascista sobre Washington era inquietantemente verídica"
.

Tão só os diários de Scripps-Howard respaldaram a Franklin Delano Roosevelt (FDR) e apresentaram a verdade
.

Que passou com os "monárquicos económicos?"


O presidente Franklin D. Roosevelt denominou aos conspiradores "monárquicos económicos" e sobreviveu aos seus esforços felizmente torpes. O 3 de janeiro de 1936,  FDR arremeteu contra a Liga Norte-americana pela Liberdade ante uma sessão conjunta do Congresso na que anunciou a proibição das exportações militares a Itália
.

"A nossa resplandeciente aristocracia económica não quer voltar ao individualismo do que tanto falam, embora as vantagens desse sistema recaíssem nos despiadados e os fortes. Dão-se conta de que em trinta e quatro meses levantámos novos instrumentos de poder público. Em mãos de um governo do povo, este poder é saudável e apropriado. Mas nas mãos de um política fantoche de uma aristocracia económica, esse poder poria grilletes às liberdades do povo. Se deixa-se-lhes, seguirão o rumo empreendido por toda a aristocracia do passado: poder para eles mesmos e escravatura para o povo".     

FDR nunca pôde levar a nenhum dos conspiradores ante a justiça. Nem sequer conseguiu pôr-lhe travão a Prescott Bush até 1942, quando o governo interveio os ativos das suas empresas pronazis, colheitando uns inesperados ganhos para Bush quando se lhe devolveram esses ativos em 1951!
É evidente que a mentalidade fascista dos "monárquicos económicos" nunca desapareceu e constitui a força impulsora depois da ascensão (e deceso último) do Império Norte-americano, os ataques aos direitos e pensões dos trabalhadores, os ataques às nossas redes mínimas de segurança, etc.  

No seu dia, a Liga promoveu-se como bastião de todos aqueles inquietos pelos "onerosos impostos com os que se grava à indústria pelo seguro de desemprego e a pensão de velhice". A Liga tratava de "combater o radicalismo" e de "inspirar respeito pelos direitos das pessoas e a propriedade, e de modo geral, fomentar a livre empresa privada"
.  

J
.P. Morgan e Chase são hoje em dia um só. As fortunas das famílias Mellon, Rockefeller, DuPont, Pitcairn (Pittsburgh Plate Glass) e Pew dispararam-se. Pew e Rockefeller transformaram-se em um conciliábulo de fundações que financiam/neutralizam iniciativas progressistas de base

O movimento "Ocupemos..." de 1936


William Séc. Knudsen foi o único conspirador dos que estavam no alho que se voltou contra a trama, renunciou a Hitler e tem o mérito de ter empurrado a GM a chegar a um acordo com os grevistas de Flint. [4]
Os trabalhadores, mau pagos e sobrecarregados de trabalho, tomaram as fábricas e ficaram nelas, começando por Fisher Body #3 de Flint, e repelírom os ataques da polícia controlada por GM e os matoes a salário. FDR e o governador de Michigan, Frank Murphy, chamaram à Guarda Nacional, não para provocar aos trabalhadores senão para formar um cordão entre grevistas e sicarios. O pai e o avô de Murphy foram aforcados pelos britânicos por tratar-se de revolucionários irlandeses e muitos dos grevistas eram trabalhadores de origem irlandês, o que acordou as suas vivas simpatias.

4
4 dias depois, Knudsen, para então vice-presidente de GM, declarou que "chegou o momento da negociação coletiva". Com a ajuda do seu aliado, C.Séc. Mott, duas vezes presidente da câmara municipal de Flint, veterano filántropo e animador cívico, máximo acionista e membro da junta diretiva de GM, a empresa atingiu um acordo que levou à semana de 40 horas, o pagamento de horas extra, o direito a criar sindicatos, pensões, etc. Mott cuidou-se inclusive de que se estabelecessem nas fábricas clínicas de saúde para os trabalhadores e as suas famílias. Alfred P. Sloan, conspirador do golpe/Presidente e Diretor de GM, que quisesse recuperar as fábricas a canhonaços, renunciou parcialmente às suas responsabilidades como chefe de GM e Knudsen substitui-no como presidente. GM chegou a converter-se na primeira grande empresa do mundo durante 40 anos, o país foi testemunha da ascensão da classe média e a divergência da riqueza chegou a níveis mínimos na história dos EUA.

P
rovavelmente não se tratou de algo puramente altruísta por parte de Knudsen, pois dois anos mais tarde FDR pôs a Knudsen a cargo da Comissão Nacional Assessora de Defesa. Baixo a sua direção, a Junta de Produção de Guerra norte-americana, presidida convenientemente também por Knudsen, concedeu a GM contratos de armamento por valor de uns 12.000 milhões de dólares. Ao mesmo tempo, as fábricas Opel de GM construíam a maioria dos motores dos camiões e bombarderos de Hitler. Esta parte de "vontade sempre" não teve como resultado nenhuma acusação contra Knudsen ou GM. Pelo contrário, levou a que Knudsen, imigrante dinamarquês, se convertesse no primeiro civil nomeado general do Exército dos EE. UU.

A lição


A lição que há que sacar e não esquecer nunca é que, tal como apontou Roosevelt, os monárquicos económicos têm a sua própria agenda decididamente antipopulista. Já que não tiveram que pagar nenhum preço pela sua tentativa inesperadamente, nunca titubearam na sua ideologia populista. Hoje em dia, simplesmente amañan eleições, levantam enormes aparelhos de ?segurança? e provocam a qualquer que faça frente ao seu dominación
(o presidente da câmara municipal de Nova York, Michael Bloomberg, o duodécimo norte-americano mais rico, com uma fortuna de 19.500 milhões, alardeaba recentemente: "Conto com o meu próprio exército, o NYPD (Departamento de Polícia de Nova York), o sétimo maior do mundo. E tenho o meu próprio Departamento de Estado, mau que lhe pese a Foggy Bottom [denominação popular do Departamento de Estado norte-americano]".[5]


O acosso aos sindicatos continua sem mingua. Os EUA têm uma percentagem maior da sua população encarcerada que o de qualquer país em qualquer momento histórico. E graças às recentes decisões do Tribunal Supremo, ninguém pode rivalizar com o peso dos financeiros
. Os "monárquicos" possuem hoje o governo, igual que a imprensa e os seus próprios exércitos. Sacar dividendos da guerra segue sendo o primeiro na sua agenda, seguido de perto pelos ataques aos salários, pensões e atenção sanitária dos trabalhadores... A rede de segurança conseguida com grande esforço por FDR e os grevistas está hoje sendo atacada.    

Como disse então esse grande populista, o senador Robert A Follette, da Liga Norte-americana pela Liberdade (e todas as suas posteriores encarnaçoes) não se pode "esperar que defenda a liberdade das massas do povo norte-americano. Fala em nome dos interesses criados".


A outra lição é a seguinte: Ocupar os Meios de Produção consegue resultados
.
 
Notas do t.:

[1] Prescott Bush (1895-1972), pai e avô dos presidentes George H. W. Bush e George W., foi senador por Connecticut entre 1952 e 1963 e partidário e apoio do presidente  Eisenhower.

[2] O autor refere-se a Averell Harriman (1891-1986), político e diplomata democrata e estreito colaborador de Roosevelt e Truman, de quem foi embaixador na União Soviética entre 1943 e 1946 e secretário de Comércio, respetivamente. Foi governador de Nova York entre 1954 e 1958, frustrado candidato à nominación presidencial em 1952 e 1956, e posteriormente trabalhou como Chefe de Embaixadores para o Governo Kennedy, além de como Secretário de Estado para Longínquo Oriente. Seguiu implicado no Vietname com a administração Jonson, depois de favorecer o derrocamiento do presidente Diem em 1963 e como negociador chefe nas conversas de paz de Paris com Vietname do Norte.

[3]  Fiorello LaGuardia (1882-1947), celebérrimo presidente da câmara municipal republicano de Nova York entre 1934 e 1945, de origem italiano e judeu e intensa orientação social, teve o apoio do presidente Roosevelt nas suas medidas políticas de transporte, morada, obras e parques  públicos.

[4] Trata-se da greve de ocupação das plantas de General Motors em Flint, estado de Michigan (Flint Sit-Down Strike), entre dezembro de 1936 e fevereiro de 37, uma meta triunfal na história da luta dos sindicatos nos Estados Unidos.

[5] Foggy Bottom, literalmente "veiga brumosa", é o nome do bairro de Washington no que se encontram os escritórios do Departamento de Estado.

O valor do soldado Manning

Gregorio Morán en Sin Permiso, traducido por nós.


Bush, Blair e Aznar son máis susceptíbeis dun tribunal de guerra que o honorábel soldado Bradley Manning

Agora que se dá tanto iso das enquisas ben pagadas sobre que opinión ten vostede de tal ou cal cousa, que logo xa se encargan eles de convertela nunha ferramenta moi útil para a institución que as subvenciona, proporía un reto. Sabe vostede quen foi Dreyfus, Alfred Dreyfus? O "caso Dreyfus"? Sairían as cousas máis inverosímiles.

Bradley Manning cumpriu 24 anos o sábado pasado en Fort Meade, preto de Washington, onde o día anterior se iniciou o consello de guerra que o pode levar á pena capital ou á cadea perpetua. Curioso destino para un Saxitario. Aseguran, quen saben diso, que adoitan ser xente propensa á simpatía e á boa sorte. Naceu nun pobo de Oklahoma, Crescent City, que non figura nos mapas. De pai gringo, veterano de guerra na Mariña, e nai británica.

Colleita do 87, carne de crise a partir da separación dos seus pais, errancia doméstica e logo a aprendizaxe da vida; estudos sen interese, descubrimento da súa homosexualidade, procura de algo no que mereza a pena aposentarse. Talento natural cara á informática. Era o seu.

O exército de Estados Unidos descobre nese raparigo rariño que acaba de apuntarse aos marines e que se manifesta descaradamente gai, un futuro guerreiro. Envíano a Iraq, á 10 ª División de Montaña, unidade especialmente activa fronte á insurxencia iraquí e afgá.

A guerra máis alucinante coa que abrimos o noso século XXI. O do soldado Manning eran os computadores; ascéndenno e ocúpase dos segredos peor gardados do imperio. Por moito que se queiran protexer dos hackers, os misterios da informática só os pode salvagardar outro hacker.

Tiña 21 anos cando foi destinado a Iraq e tarda apenas outro en descubrir esa cousa terríbel, abafadora, que consiste en sentirse axudante do verdugo. É algo que non está ao alcance de todos, porque hai xente que pode facelo durante toda a súa vida adulta e non apreciar a súa singularidade. O valente soldado Manning parece que o pillou enseguida. Primeiro foron as filmacións das matanzas de civís en Iraq, logo esas evocacións nazis filmadas por divertidos torturadores en Abu Graib, e por fin, a nosa Lubianka contemporánea que leva por nome Guantánamo. Non custa imaxinar aínda soldado sensíbel ante a impunidade criminal dos seus superiores. O difícil é resolver a ecuación vital; por salvar a honra e a dignidade, esnaquizarei a miña vida para sempre. E se só fose a vida? Será a calumnia, a traizón, a humillación pública, e como colofón, a difamación cotiá a mans dos depositarios da verdade histórica.

Cando deteñen ao soldado Bradley Manning a finais de maio de 2010 conseguiu pasar milleiros de informes secretos á rede Wikileaks para que se fagan públicos. Aí está o condensado dunha política de Estado no seu carácter ruín, desalmado, de bandoleiros de luxo. E sobre todo, impunes. Algúns dos nosos talentos locais, na inopia da súa frivolidade, fixeron o símil con Anacleto, axente secreto; nunca pedirán perdón, son funcionarios, e os funcionarios ao uso distínguense pola súa capacidade para non asumir responsabilidades. O Poder con todo tívoo moi claro desde o primeiro momento. Coa colaboración dun soplón, Adrian Lamo, ao que o incauto Manning confesou a súa fazaña, empezou a caza, implacábel.

Nin sequera os diarios máis importantes do noso mundo occidental, ilustrado e liberal, puideron soportar a presión do Departamento de Estado norteamericano. Unha cousa é a decadencia e outra conservar aínda o poder real sobre vidas e facendas. A lectura de Gibbon e o seu imperio romano en descomposición esixe unha lectura lenta, nada espasmódica. Aínda quedan moitos anos para un cambio de ciclo real, e ninguén pode garantir que sexa para mellor. O soldado Manning foi encarcerado en condicións da Inquisición, como ocorreu sempre, na antigüidade e a modernidade, sexa nazi, estaliniana ou imperialista. E como sempre, tamén empezou a demolición ética dos protagonistas. Julian Assange, o comunicador, converteuse nun violador de suecas. Violar suecas é o límite do machismo occidental, recoñezámolo nós, españois criados no subdesenvolvemento. A narrativa deses coitos con condón ou sen condón, voluntarios ou involuntarios, farase algún día un clásico da comedia picante. Nunca dous polvos tiveron tanta transcendencia histórica. O de Homero e A Iliada reduciríase a unha cuestionábel violencia de xénero.

Probablemente ante a figura de Bradley Manning moitos volverán repetir as frivolidades que se chegaron a dicir de Alfred Dreyfus, un cabaleiro burgués e xudeu, tan diferente deste Manning da marxinalidade. Evitamos rememorar os comentarios xornalísticos de entón, tan similares a estes de hoxe sobre a conspiración, o intento de minar a civilización occidental, a ofensa ao exército máis poderoso da terra, defensor da liberdade alí onde se atope? Manning foi encarcerado na base de marines de Quantico (Virginia) en condicións infrahumanas e alá pasou case un ano, durmindo en calzóns, sen sabas nin mantas, e coa luz acesa. Lémbralles algunha vella historia, hoxe tan xustamente deostada?

Probabelmente libre a vida, e mesmo se lle atenuará a cadea perpetua se asume denunciar a Julian Assange e o converte en reo da xustiza norteamericana. O seu avogado, David Codmas, empezou preguntando ao tribunal militar: onde está o dano?, onde o perigo? E tiña razón, o dano e o perigo era o do poder non o da cidadanía. Agora, ao parecer, debátese a un nivel máis baixo e exponse se o soldado Manning era un travesti ou sinxelamente un discapacitado. O único que non cabe admitir ante un tribunal militar é que obrou como un soldado consciente da súa conciencia democrática. A invasión de Iraq foi un crime que debeu levar aos tribunais a aquel trío que a promoveu e inventou as mentiras para o masacre. Bush, Blair e Aznar son máis susceptíbeis dun tribunal de guerra que o honorábel soldado Bradley Manning, que acaba de cumprir 24 anos e ao que nunca xamais lle deixarán ser novo, valente e digno.

Nunha desas crónicas que fan historia, Christophe Ayad, en Le Monde, describía o final do exército de Estados Unidos en Iraq: "Fóronse como ladróns, en metade da noite, sen dicir adeus e sen mirar atrás". Así abandonaban o 18 de decembro, á alba, un centenar de vehículos e os últimos 500 soldados da 1º división de cabalaría, o país que invadiran en 2003, co alborozo de tantos, hoxe taciturnos. Cruzaron o posto fronteirizo de Kuwait e pecharon, ou creron pechar, unha páxina miserábel da historia de EE. UU. Deixan un país máis esnaquizado, corrupto, dividido e sumido na miseria, do que atoparon con Sadam Husein, o seu veterano aliado de outrora.

E nesas páxinas de merda e sangue que eles escribiron, e cuxa pegada non se borrará en décadas, haberá polo menos un capítulo digno, un apartado adicado ao valor do soldado Brandley Manning, de Oklahoma, que foi capaz de pór ao descuberto eses fondos que xamais aparecen nos discursos. A verdade dunha guerra, os motivos dunha invasión, as razóns para cubrir unha mentira. Pagarao a un prezo que nós non seriamos capaces de asumir.

Hai tempos que alimentan a frivolidade como o orballo, o noso é un deles. E entón ocorre como noutras épocas, que alguén se pregunta para que tanta morte? Cen mil iraquís e 4.500 norteamericanos. E de seguro que en Estados Unidos, ademais das viúvas, os feridos -preto de 40.000-, o home que haberá de levar sobre si o castigo que non cumprirán os seus dirixentes será o Manning de Oklahoma, que se exhibirá como un traidor ata que o rescate unha novela, un ensaio, unha antigualla.


Gregorio Morán é un columnista habitual no diario barcelonés A Vangarda. Veterano resistente e loitador político no clandestino Partido Comunista de España baixo o franquismo, Morán é un xornalista de investigación que escribiu, entre outros, libros imprescindíbeis para entender o proceso que levou da ditadura franquista á monarquía parlamentaria actual.

O aplauso máis longo da democracia


Iñaki Anasagasti

* Artigo tirado do blog do autor http://blogs.deia.com/anasagasti/ e traducido por nós.

O “Querido Líder” de Corea do Norte King Jong-il, de 69 anos, morreu dun infarto masivo na mañá do pasado 17 de decembro. O oscurantista réxime que presidía tardou cincuenta horas en dar a noticia. Raúl Castro decretou tres días de duelo nacional en Cuba. O 28 de decembro foi o enterro, onde se puido apreciar a multitudes de cidadáns baixo un clima invernal, desconsolados, fóra de si e rachando en prantos verdadeiramente desgarradores. Occidente quedou perplexo e en España riron. O novo tirano, que non fixo o servizo militar, recibiu o beneplácito da cúpula castrense. Kim Jong-un, o “Brillante Camarada” é o terceiro fillo do falecido. O maior caeu en desgraza tras ser descuberto tratando de entrar en Xapón cun pasaporte falso para ir a Disneylandia, mentres que o segundo “era moi efeminado” en opinión do seu pai. Como se ve unha monarquía comunista, con socialismo real.

En Corea o mesmo que con Franco

Aquí podían gardarse as risas. Cando Franco morreu, a noticia deuna o presidente do Goberno Arias Navarro chorando por televisión. Morrera o Caudillo. Ao seu funeral só acudiu Augusto Pinochet e as longas colas que se formaron para pasar ante o féretro no Palacio Real formábanas xentes chorosas e moitos deles, ante o morto, facían ao saúdo fascista. Aos dous días, e porque así o decidiu o ditador, Juan Carlos de Borbón vestido de militar e ante uns procuradores elixidos a dedo xurou os Principios Fundamentais do Movemento e o entón presidente das Cortes, Alejandro Rodríguez de Valcarce gritou aquilo de: “Señores procuradores. Desde a emoción no recordo a Franco. Viva o Rei!”. Franco a todo isto fora enterrado no Val dos Caídos e aí segue
pola inmensa covardía de Rodríguez Zapatero e Ramón Jáuregui que dixeron que había que construír un consenso para sacalo de aí e mentres o retrato de Esteban Bilbao, Antonio Iturmendi e Rodríguez de Valcarce, adornan os corredores do Congreso, coma se nada ocorrese.

Como se ve todo moi edificante e moi parecido ao ocorrido en Corea do Norte. En Alemaña e en Italia o nazismo e o fascismo foron derrotados. En España con todo, o franquismo non o foi. A ditadura franquista foi adaptándose a unha nova realidade resultado dunha presión interna e externa. Non houbo ruptura senón unha reforma mal feita a pesar de que aquela transición se tache de modélica polo discurso español politicamente correcto. A dereita segue sen condenar aquel réxime franquista, e cada vez máis se impón o criterio equidistante na responsabilidade daquela sublevación militar argumentando que en ambos os bandos se cometeron barbaridades.

O caso é que a herdanza visible daquel réxime corrupto é a actual Xefatura do Estado, metida de matute na Constitución de 1978, sen referendo e aplaudida pola dereita, o partido socialista e os medios de comunicación sitos na Vila e Corte. “Esta monarquía non resiste un editorial do País” presumía Juan Luís Cebrián nos seus anos de director do medio. E era verdade. Sen o cerco da censura, sen a obriga de falar ben acotío de “a Institución máis valorada”, sen o camelo ese de ser “a Monarquía máis barata do mundo”, sen a impunidade e a inmunidade que gozou Juan Carlos I, non se entenden as andanzas do xenrísimo que ademais nin as disimulaba xa que era un membro da Casa Real e por tanto, as prebendas do sogro ampliábanse ás fillas e aos xenros. Así de evidente é para min toda esta andrómena ante o que algúns levan as mans á cabeza.

Un aplauso vergoñoso

O pasado 27 de decembro tivo lugar no Congreso a apertura oficial da X lexislatura. Non fun. Falaron o presidente do Congreso e o rei. Este recibiu segundo os xornalistas de Corte “o aplauso máis longo da democracia”. Como en Corea do Norte. Deputados e senadores do PP e do PSOE despelexaron as mans aplaudindo a quen durante 33 anos non rendeu contas de nada e impediunos a deputados e senadores nacionalistas e de esquerda exercer o labor de control que a propia Constitución asigna ás dúas Cámaras. E é que nese longuísimo aplauso coreano, resumíanse ben as carencias dunha reforma política feita de concesións a unha ditadura que como ben dixo o Generalísimo deixara todo atado e ben atado e que aínda por riba chamaba ao novo temoneiro, “o Motor do Cambio”. Como en Corea.

Cando a min me encargaron escribir un libro sobre o que vira naquel patio de Monipodio e que foi prohibido pola Casa Real, tituleino “Unha monarquía protexida pola censura” porque estaba farto das loas cara a unha institución á que non se lle podía controlar en nada e era obrigatorio o bicamáns e a xenuflexión. O rei, o exército, as Forzas e Corpos de Seguridade por este orde era as Institucións preferidas polos españois sendo os políticos democráticos os máis aborrecidos. Normal. Hai barra libre. Hoxe, a falta dunha enquisa ben feita polo CIS, con preguntas profesionais e non inducidas, a monarquía caeu ao cuarto lugar e o sentimento republicano rolda xa o 50% nos mozos. Urdangarin fixo máis pola República que todos os Foros republicanos que hai na pel de touro.

Non é a máis barata

Participando nunha reunión das chamadas Mesas conxuntas, o letrado Maior informounos de, entre outras partidas, sobre unha que se ocupaba de editar os discursos do rei. “Que fan as Cortes editando discursos que non son propios?” preguntei. “Sempre se fixo así”, contestáronme. E aquilo púxome sobre a pista do camelo aquel de “a monarquía máis barata”. E fun pescudando o que hoxe xa se sabe. Luz, auga, viaxes, seguridade, manutención, roupa, palacios, conservación e o máis chocante: das 507 persoas que traballan na Casa do Rei só 17 están na súa nómina. Uns 350 empregados páganos directamente varios ministerios, con incentivos e 130 sen incentivos. E tampouco isto nolo deixan controlar. Non é verdade pois o dos 8,4 millóns de euros de orzamento da Casa. Defensa, Interior, Exteriores, Patrimonio Nacional e outros organismos fan que a broma nos custe uns 59 millóns ao ano se se agregan as partidas pagas polos ministerios. Non é pois a monarquía máis barata.

Agora ben. Nada se di do seu patrimonio persoal, produto de agasallos e comisións. Javier de la Rosa asegurou no seu día, que cen millóns de pesetas do buraco KIO habían ir a parar á Coroa e na intervención de Banesto descubríronse dúas contas a nome do rei, unha cun descuberto de 150 millóns de pesetas e outra con achegas para a ampliación do capital do banco. Nunca se investigou, nin isto, nin as andanzas do seu amigo Colón de Carvajal que andaba pola Zarzuela como en casa de seu e morreu estando procesado. E que dicir do soldo do rei cuxa única obriga é saudar, visitar, ler discursos infumables, ser “exemplar” e que gañe cinco veces máis que o presidente dun goberno democrático que ten que tomar importantes decisións?.

Non teño espazo para comentar a súa “exemplaridade” democrática no 23-F, pero si dicir que a maioría dos negocios de Urdangarin fíxoos baixo administración do PP. Dúas administracións autonómicas foron cooperadores necesarios na execución dos delitos, caso de que se probe a súa perpetración. Alguén imaxina algo así en Euskadi?.

Non teño espazo para comentar a súa “exemplaridade” democrática no 23-F, pero si dicir que a maioría dos negocios de Urdangarin fíxoos baixo administración do PP. Dúas administracións autonómicas foron cooperadores necesarios na execución dos delitos, caso de que se probe a súa perpetración. Alguén imaxina algo así en Euskadi?.

Ante semellante cúmulo de probas, veremos como actuará a xustiza e se resistirá as presións que vai recibir para que a Infanta Cristina non sexa tocada nin co pétalo dunha rosa. Nin se Carlos Divar, presidente do Supremo se inhibirá e deixará actuar a unha xustiza “igual para todos”. De non facelo, o escándalo sería tan maiúsculo como o do caso Picasso que levou por diante a Alfonso XIII.

Volvamos ao aplauso das Cortes. A Gaceta interpretábao así: “Este apoio recíbeo ademais a Coroa nun momento clave, cando as tensións separatistas ameazan con agudizarse ao fío da crise e o papel da institución resulta insubstituíble como garante da estabilidade política”.

E todo isto por nada. Como dicía Groucho Marx: “Fillo meu. A felicidade está feita de pequenas cousas. Un pequeno iate, unha pequena mansión, unha pequena fortuna”. E iso que non coñecera aos Borbóns e os seus familiares. A historia continúa.